Pablo Miguel García e Lorena Salgueiro, gañadores da vixésima Santiaguiño do Burgo
Máis de 350 corredores, contando só o da categoría absoluta, participaron este luns na vixésima edición da carreira popular de Santiaguiño do Burgo, a penúltima cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP).
Baixo unha sufocante calor, que superaba os 25 graos ao inicio da proba, Pablo Miguel García fíxose co triunfo tras completar os 6.450 metros da carreira nun tempo de 20:16.
Sorprendeu ao atleta da Gimnástica, Ivan Docampo, gañador en 2014 e segundo en 2015, que de novo tívose que conformar coa segunda praza tras entrar a 21 segundos del. Terceiro foi José Alberto Bastos, que parou o crono en 21:14.
En categoría feminina, Lorena Salgueiro foi a máis rápida ao cruzar a liña de meta en 24:56. Superou a Barca Toba, segunda a 26 segundos, e a María del Rosario Figueroa, terceira a 1:07 da gañadora.
O percorrido desta vixésima edición da proba foi o mesmo das últimas edicións, cun circuíto que discorreu principalmente pola zona de Domingo Fontán e a Xunqueira de Alba con saída e chegada na Ponte do Burgo.
Ademais da proba absoluta, houbo tamén carreiras de categorías inferiores que encheron de novos atletas o barrio desde as dez da mañá.
Relacionadas:
-
O Circuíto de Carreiras Populares coroa aos campións da súa cuarta edición
Por Diego Espiño |
-
Un trail urbano nocturno, novidade do Circuíto de Carreiras Populares 2017
Por Redacción |
-
Inscrición aberta para o XXI Medio Maratón Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Medio Maratón de Pontevedra será Campionato Galego 24 anos despois
Por Redacción |
-
O Burgo celebra un ano máis as festas na honra do seu patrón, o Santiaguiño
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Burgo, 20 anos de aposta polo deporte coa Carreira Pedestre Santiaguiño
Por Diego Espiño |