Leccións de 'ouro' no Campus CAB Pontevedra
Por Redacción
Unha semana vivindo e pensando só en baloncesto. Así se plantexa o campus do CAB Pontevedra que se está celebrando ata o domingo nas instalacións do colexio Los Sauces.
Medio cento de nenos, de 5 a 13 anos, inícianse ou perfeccionan a práctica de baloncesto con sesións de adestramento que se combinan con diversas proposta lúdicas.
Entre os mestres de excepción cos que puideron gozar destaca a visita este venres de Javier Llorente, adestrador do Peixe Galego que esta tempada militará na Liga LEB Ouro.
O técnico compartiu experiencias e consellos cos pequenos deportistas durante unha sesión celebrada no pavillón do recinto escolar.