O Feel Cortegada vence en Lugo cunha tripla de Lucía Méndez sobre a bucina (50-52)
Por Ramón Estévez
O Feel Cortegada gañou ao Durán Maquinaria Ensino en Lugo (50-52) demostrando unha enteireza e unha forza a proba de bombas. Malia as dúas últimas derrotas sufridas, ante CB Al-Qázeres e Celta Shelmark, e a contar con varias xogadoras tocadas, as de Pepe Vázquez volveron demostrar que a espírito de loita non lles ganna ninguén.
De todos os xeitos, o encontro foi moi difícil e as vilagarcianas non estiveron nunca por diante no marcador ata o bucinazo final. Os dous primeiros cuartos foron dominados polas lucenses, que comezaron como un vendaval apoiadas en Mireia Navarrete (8) e Yaiza García (8) para chegar ao final do primeiro cuarto con dez puntos de vantaxe (21-11). Non obstante, no segundo cuarto, as de Pepe Vázquez conseguiron deter a sangría ofensiva local pero mostráronse espesas en ataque, chegando ao intermedio oito puntos abaixo (27-19).
O terceiro período comezou con outra cara para o Feel Cortegada, que para paliar a desvantaxe no xogo interior e protexerse das faltas, pasou a defender nunha zona que se lle atragou ao Ensino. Así, apareceu Montse Gilabert anotando unha tripla dende medio campo sobre a bucina do cuarto para poñer o partido nun pano (37-33). No último período, o ensino mantiña curtas distancias e cun punto arriba o Feel Cortegada tivo a última posesión para gañar. Lucía Méndez non o pensou e malia levar 0 de 6 en triplos xogouse a canastra decisiva, anotou e o equipo conseguiu unha vitoria que o mantén líder a falta do que faga o seu rival máis directo, o Universitario de Ferrol.
DURÁN MAQUINARIA ENSINO 50 (21+6+10+13): Cuiña, Álvarez, García (17), Méndez (3), Matoso (2), Varela (2), Calvelo (2), Fernández (3), Navarrete (21), Lema.
FEEL CORTEGADA 52 (11+8+14+19): Andrea Ríos (8), Montse Gilabert (15), Onaissa Sbahy, Salomé García (4), Lucía Méndez (9), Ilenia Manzanares (16).
Árbitros: Godoy e Domínguez. Sinalaron 16 faltas ao Durán Maquinaria Ensino e 14 ao Feel Cortegada. Eliminadas Ana Álvarez por parte das locais e Andrea Ríos por parte visitante.
Incidencias: Partido correspondiente á xornada 16 do grupo A da Liga Feminina 2 disputado no Pazo dos Deportes de Lugo.