Álex González, reforzo para a banda esquerda do Pontevedra
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este martes o que é a cuarta fichaxe do equipo para a próxima tempada. Trátase de Álex González, que chega a Pasarón procedente do Lealtad de Villaviciosa.
Álex, futbolista cántabro de 26 anos, é interior zurdo e completou as últimas tres campañas na división de bronce do fútbol español, no Lealtad e antes no Tropezón.
Na última tempada, na que competiu contra o Pontevedra no Grupo I da Segunda B, disputou un total de 36 partidos de liga (30 como titular) anotando seis goles.
Álex González comprométese polo Pontevedra por unha tempada.
Desta forma o cadro granate segue perfilando o seu plantel ao sumarse esta operación ás contratacións xa anunciadas de Dani Portela, David Añón e Javi Bonilla.
BORJAS MARTÍN, AO REAL MURCIA
Mentres o Pontevedra sonda o mercado na busca de reforzos, os futbolistas que abandonaron a disciplina granate seguen confirmando o seu novos destinos. É o caso de Borjas Martín, que se comprometeu por un dos aspirantes ao ascenso, o Real Murcia.
O dianteiro canario foi confirmado polo cadro murciano como a súa primeira fichaxe unha semana despois de romper as negociacións que mantiña co Pontevedra para a súa renovación.
Relacionadas:
-
O gardameta Santi Canedo comprométese co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pendentes da repartición de grupos na Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Tripla fichaxe no Pontevedra, que se fai cos servizos de Abel Suárez, Iker Alegre e Jacobo Trigo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra confirma o regreso de Gonzalo
Por Redacción |
-
O Pontevedra reforza a súa zaga coa fichaxe do central Dani Portela
Por Alejandro Espiño |
-
Borjas Martín non seguirá no Pontevedra ao non aceptar a oferta de renovación do club
Por Alejandro Espiño |
-
Javi Bonilla é o elixido para substituír a Ramón Verdú no lateral esquerdo do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
David Añón, primeira fichaxe do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |