Que se sente nun deserto polar?
Por Redacción
Que se sente nun deserto polar? Pois polo de súpeto "no se puede llorar a 50 grados bajo cero, porque las lágrimas se congelan y no puedes abrir los ojos".
É só una das anécdotas que a alpinista Chus Lago compartiu na Librería Cronopios de Pontevedra presentando o seu libro 'Sobre huellas de gigantes', na que narra a súa experiencia cruzando en solitario a Antártida ata chegar ao Polo sur, conviertiéndose na primeira española sen distinción de sexo en logralo.
Nunha charla conducida polo xornalista de PontevedraViva Diego Espiño, Lago explicou os pormenores da expedición, na que atravesou 1.200 quilómetros sen axuda, en condicións extremas e arrastrando un trineo de 130 quilos.
"Como seres humanos también tenemos otro trineo del que tirar", recoñeceu a aventureira viguesa ao explicar a loita, sobre todo mental, que tivo que afrontar durante dous meses de travesía.
'Sobre huellas de gigantes' é tamén a historia dos pioneiros da expedición polar, sobre todo a comezos do século XX, e un exemplo de que con vontade é posible conseguir o que parece imposible.