Principe Felipe acollerá un partido de rugby entre as seleccións de España sub-19 e Galicia absoluta
Por Diego Espiño
Marzo será un mes importante para o rugby galego. Ao partido que a Selección Española abosuta xogará ante Portugal en Santiago de Compostela o día 16, valedoiro para o Campionato de Europa, súmase agora un encontro amigable entre o combinado nacional sub-19 e a Selección Galega absoluta un día despois, 17 de marzo, no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra.
O partido, enmarcado dentro dos actos do 25 aniversario do Mareantes Rugby Club, servirá ademais para que o conxunto júnior prepare o Europeo que se disputará en Grenoble (Francia) do 22 ao 30 do mesmo mes, onde esperan estar os dous xogadores do outro equipo da cidade, o Pontevedra Rugby Club, que acudiron á última concentración da selección, Ernesto Lumbreras e Alberto Silla.
O combinado nacional sub-18 citarase en Pontevedra xa o xoves día 14 para realizar unha serie de adestramentos nas instalacións de Príncipe Felipe, onde quedarán aloxados na residencia.
Ademais do encontro, o Mareantes ten prevista unha semana chea de actividades que se completan coa terceira edición do Festival de San Patricio, cunha carpa instalada na Praza de España na búsqueda de fondos para as categoría inferiores, e un choque de veteranos entre o propio Mareantes e o equipo vasco Arrasate de Mondragón, previsto para o día 13, data fundacional do club.