Festa do baloncesto escolar en Montero Ríos
Por Mónica Patxot
A XV edición do 3x3 na Rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil encheu de deporte e cor a Avenida Montero Ríos durante a mañá deste xoves.
Un total de 1.163 alumnos de Primaria de centros educativos da cidade participaron no evento, convertido nunha festa do baloncesto escolar.
Na céntrica avenida instaláronse 30 canchas de baloncesto para xogar ata 600 partidos.
Formáronse 257 equipos de alumnos do Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Campolongo, Froebel, Álvarez Limeses, Barcelos, San Martiño, Manuel Vidal Portela e Carballal, ademais de usuarios da Asociación Virgen de la O.
Relacionadas:
-
Máis de 1.000 escolares tomarán a rúa para unha "xornada de festa" do baloncesto
Por Redacción |
-
O Arxil pon en marcha as probas de acceso para a súa canteira
Por Redacción |
-
O baloncesto 3x3 na Rúa do Arxil volve con ganas de susperarse
Por Redacción |
-
O baloncesto invade Montero Ríos co 3x3 escolar do Arxil
Por Mónica Patxot |