Víctor salva un punto no último minuto para o Portonovo ante o Gondomar (1-1)
Por Redacción
Mereceu máis o Portonovo en Baltar ante o Gondomar (1-1), pero o equipo arlequinado pode darse por satisfeito despois de salvar o empate cun tanto no último minuto de Víctor, cabeceando unha falta afastada.
Antes adiantárase o Gondomar grazas ao gol de Rubén no minuto 39, despois de aproveitar un claro erro defensivo do cadro local. A pesar do esforzo por intentar remontar, os de Ricardo Fernández foron perdendo fol ante a seriedade defensiva do líder Gondomar, un bo facer que non obstante non puido evitar o empate de Víctor sobre a bucina.
A igualada deixa ao Portonovo como estaba, terceiro a un punto do ascenso e a dous do liderado, grazas a tropezos como o do Cultural Areas en Redondela, aínda que a clasificación se comprime aínda máis na zona alta, cos catro primeiros en só dous puntos e varios equipos que volven soñar con alcanzar os postos de ascenso.
PORTONOVO SD (1): Marcos Bermúdez, Muñiz (Manu Sieiro, min.75), Melchor, Iván Renda, César, Suso Bea (Martín, min.59), Suso, Gándara (Angelillo, min.59), Víctor, Nacho, Álex Cubas.
GONDOMAR CF (1): Jacobo, Nando, Toni, Lucas, Ferro, Rubén (Silvio, min. 75), Víctor, Tizón (Pibe, min.57), Iván (Carlos, min. 67), Trejo (Libo, min. 80), Gonza.
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amonestou a Marcos, Melchor, César, Angelillo, Nacho e Álex Cubas no Portonovo e a Nando, Iván e Ferro no Gondomar.
Goles: 0-1 Rubén, min. 39; 1-1 Víctor, min. 89.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.