Tres puntos para ilusionar no debut de Piscis no banco dun Arosa que venceu (3-0) o Sanxenxo
Por Redacción
Adestrador novo, vitoria segura. Esta vez cumpriuse o dito. Debutaba Piscis no banco arosista e facíao con algo parecido a unha final. O mesmo técnico cualificara o partido nos días previos como "de sete puntos", en clara alusión ao que podía significar. Era gañar ou practicamente dicir adios anticipado a calquera posibilidade de seguir aspirando ao ascenso. Pois ben o Arosa quedou con eses "sete puntos", os tres que suma, os tres que resta a un rival directo e o punto adicional que supón ter superado o parcial co Sanxenxo, que gañara na primeira volta en Baltar de Arriba por 3-1.
ÿ verdade que as baixas do cadro visitante lle pasaron factura. Ademais, o Sanxenxo sufriu a lesión de Nel na primeira parte, ademais da expulsión de Javi no penalti que daría lugar ao segundo gol local. Demasiados contratempos fronte a un Arosa moi motivado pola presenza do novo técnico e as ganas dos xogadores ante o que sabían era unha auténtica final para eles.
Os goles tardarían en chegar e o fíxeron tras un fallo de Fiti no rexeitamento, que aproveitou Hugo. Só 14 minutos despois chegaba a xogada do penalti e expulsión de Javi, que aproveitaría Adrián Camiño para facer o segundo.
Co marcador a favor e superioridade numérica, o Arosa deixou a iniciativa a un rival que non creou perigo serio, pero se volveu moi vulnerable ás súas contras. Nunha delas chegou o terceiro tanto, materializado por Hugo ao elevar o balón sobre o porteiro visitante.
AROSA S.C. (3): Jorge Pérez, Juanjo, Borja, Martín, Ríos, Rivas, Hugo, Vixo, Nando (Pablo Barreiro, min. 77), Adrián Camiño (Comesaña, min. 86) e Eloy (Santi, min. 90).
XUVENTÿ SANXENXO (0): Vladimir, Darío (Álex Galdames, min. 65), Fiti, Javi, Alfonso, Deivi, Minso, Suso, Nel (Cuchi, min. 39), Cañi e Curri.
Árbitro: Francisco Rodríguez (Vigo). Expulsou a Javi (minuto 76). Amoestou a Juanjo, Rivas, Camiño, Pablo, Curri e Nel.
Goles: (1-0) Minuto 64: Hugo. (2-0) Minuto 77: Adrián Camiño, de penalti. (3-0) Minuto 85: Hugo.
Incidencias: Campo municipal da Lomba (Vilagarcía). Preto de 500 espectadores.