O Cisne empata ante o líder (27-27) nun vibrante final de partido
Por Redacción
A punto estivo o Cisne de sorprender o líder da categoría, o MMT Seguros Zamora, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (27-27).
O equipo pontevedrés mantivo o tipo nun encontro cheo de alternativas decidido nun emocionante e igualado final. Os de Milucho Pintos tiveron que sobrepoñerse á baixa do seu principal goleador, Pablo Domínguez, e a un cadro zamorano que a pesar do seu inicio duditativo, chegou a gozar de rendas de ata catro goles no marcador.
O Cisne non perdeu a fe logrando igualar a contenda no último cuarto do choque, unha igualada que se mantivo ata o final e que os pontevedreses puideron desnivelar coa última posesión, pero o lanzamento de Dani Puente detívoo Miranda confirmando o empate no electrónico.
CISNE BM (27): Lafuente, Iván Abilleira (2), Bruno, Chan (3), Pablo Picallo (4), Andrés Sánchez, Martín (2), Alberto Casares (5), Galán, Javier Vázquez (1), Miguel, Dacosta (1), Adrián Freiría (8), Dani Puente (1).
MMT SEGUROS ZAMORA (27): Miranda, Salinas (1), Fernando, Recio (1), Peli (8), Octavio (12), Andrés, José Manuel (1), Posado, Iñaki (2), Sandín (1), Guille, Carletes, Camino (1).
Marcador cada cinco minutos: 3-1, 4-2, 5-6, 8-9, 10-12, 12-14, descanso, 13-16, 14-18, 18-20, 21-21, 25-24, 27-27.
Árbitros: Valcárcel Cantúa e Sanz Aguado (Madrid).
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.