Terceira derrota consecutiva do Marín que cae (1-0) fronte a un rival directo como o Estradense
Por Redacción
As malas condicións en que se encontra o terreo da Baiuca e que xa motivaron a suspensión do partido entre Estradense e Pontevedra B, levaron aos roxillos e o Marín a xogar no campo de herba herba sintética de Callobre. Sobre o papel o cambio de escenario debería favorecer un Marín máis afeito a esa superficie, pero á hora da verdade os puntos quedaron en A Estrada debido a que o equipo local puxo máis ganas e contou coa fortuna de anotar no único disparo con perigo que realizou.
Conscientes da importancia da vitoria, os dous equipos saíron ao campo máis preocupados de frear o rival que de facer o seu propio xogo, o que trouxo como consecuencia un partido con pouco fútbol e menos ocasións. Vicente anotou o que sería único gol do partido, ao aproveitar un servizo de Unai.
O gol botou atrás ao conxunto roxillo, que non tivo problemas para manter o resultado, ante un Marín inofensivo nos metros finais.
C.D. ESTRADENSE (1): Coke, Martín, Chan, Fafú, Brais, Ayaso, Mateo, Escudero (Pepe, min. 57), Unai, Vicente e Yupe.
MARÍN, C.F. (0): Iago Solla, Javi Doce, Agus (Darío, min. 74), Tinaia (Manuel, min. 83), Edu, André, Erik (Canario, min. 74), Joaquín, Dani, Vila (Docampo, min. 64) e Borja.
Árbitro: Martínez Barral (Santiago). Amoestou a Ayaso, Escudeiro, Iago Solla, Javi Doce, André, Erik, Dani, Manuel e Canario.
Goles: (1-0) Minuto 61: Vicente.
Incidencias: Campo de San Martiño de Callobre (A Estrada). Uns 150 espectadores.