O Campionato de España de dúatlon non entrará no centro urbano
Por Redacción
Concello de Pontevedra, Federación Española de Triatlón e Federación Galega reuníronse este venres co obxectivo de ultimar os preparativos do próximo Campionato de España de Dúatlon, que a cidade lerezana acollerá os días 27 e 28 de abril.
O encontro supuxo un importante avance no circuíto da carreira, coa principal novidade de que a proba non entrará no centro urbán, quedando limitada ao ámbito da Xunqueira, río Lérez e a praia fluvial co obxectivo de facilitar así o seguimento da competición para o público e evitando importantes cortes de circulación no centro da cidade.
Preto dun millar de deportistas darase cita en Pontevedra unha vez confirmada a inclusión no campionato das categorías cadete e júnior, que se suman ás de elite e grupos de idade.
O esquema da carreira é de 5 quilómetros de carreira a pé, 40 en bicicleta e de novo 10 a pé, cunha zona de transición que estará situada no interior do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O Campionato de España de Dúatlon servirá como test de cara á organización do Mundial da especialidade en 2014.