Piscis chega a un acordo co Arosa para ser o seu adestrador esta e a próxima tempada
Por Redacción
José Luis Uhia "Piscis" será finalmente o novo adestrador do Arosa ata o final da presente tempada e a seguinte.
Piscis asume o banco da Lomba en substitución de Lino González, que despois de tres anos no club arlequinado foi cesado principalmente polos malos resultados como local.
O novo adestrador chega acompañado dun preparador físico despois das negativas de Rafa Sáez e Josiño Abalde, que non querían coller ao equipo coa liga tan avanzada.