Pontevedra e Vigo, confirmadas como sede do Mundial Junior de Balonmán 2019
Por Diego Espiño
O Mundial Junior de Balonmán volverá a Pontevedra. Despois da histórica edición de 1989, a cidade de Lérez volverá acoller a competición no ano 2019, e farao conxuntamente coas cidades de Vigo e León.
Así o confirmaron este mércores os alcaldes de Pontevedra e Vigo, Miguel Anxo Fernández Lores e Abel Caballero, nunha comparecencia conxunta co presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro.
A competición organizarase en agosto de 2019, cun grupo da fase previa (seis equipos) en cada unha das cidades galegas e dúas en León, sede principal do torneo.
Tal e como se negociou no seu momento co presidente da Federación Española, o compromiso alcanzado para a organización deste campionato supón que ambas as cidades, Pontevedra e Vigo, acollerán tamén de forma conxunta en 2018 o Campionato de España de Comunidades Autónomas "que vai mobilizar 2.400 deportistas", explicou Fernández Lores.
"É un campionato infantil, xuvenil e cadete que Pontevedra non sería capaz de asumir na súa totalidade", completou o rexedor pontevedrés.
Aínda por riba, todo isto estará "aderezado co Torneo Internacional de España no que xogan catro selección absolutas xusto a finais de xaneiro", explicou o presidente da Federación Galega en relación ao Torneo Internacional Domingo Bárcenas que terá como sede a cidade de Lérez en 2018, no que se poderá ver en directo á Selección Española Absoluta.
Relacionadas:
-
Pontevedra quere a fase final do Mundial Junior de balonmán 2019
Por Diego Espiño |
-
Á venda as entradas e abonos para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán
Por Redacción |
-
O Pavillón Municipal dos Deportes loce a súa nova pista
Por Redacción |
-
Arxentina e Bielorrusia completan o cartel do Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
España e Polonia, primeiras seleccións confirmadas para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lores e Caballero reiteran en Vigo a vontade de colaboración entre as dúas cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Lores e Caballero escenifican un "diálogo permanente" entre Pontevedra e Vigo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Pontevedra negocia ser sede do Mundial Junior de balonmán 2019
Por Diego Espiño |