Echegoyen e Betanzos asaltan o liderado do Campionato de Europa
Por Redacción
Xornada redonda para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Campionato de Europa de 49er FX que se está celebrando en Barcelona.
Despois de 12 regatas, a regatista pontevedresa e a súa compañeira colocáronse líderes da competición cando só restan dúas xornadas.
Echegoyen e Betanzos sumaron un terceiro posto na primeira manga, un sétimo na segunda e unha victroia parcial na terceira, a quinta de todo o campionato.
Agora comandan a xeral cun punto de vantaxe sobre as italianas Giulia Conti e Francesa Clapcih, no que parece pódese converter nun man a man entre ambas as tripulacións polo título continental. Máis lonxe na terceira posición, a 14 puntos das españolas, están as danesas Jena Mai Hansen e Katja Salskov.
"As condicións para navegar foron moi boas e aproveitámolas ao máximo", comentou Berta Betanzos ao termo da xornada deste xoves.
Por diante só dous días de navegación en Barcelona, o venres coas últimas mangas antes de afrontar a definitiva Medal Race o sábado, cos dez mellores da clasificación.