Competición deixa sen efecto o segundo cartón a Borjas e poderá xogar ante o Celta B
Por Redacción
Un problema menos para Luisito. O técnico do Pontevedra poderá aliñar o vindeiro domingo (17:00 horas) en Pasarón ante o Celta B ao seu dianteiro titular, Borjas Martín.
O Xuíz de Competición estimou as alegacións do club granate pola expulsión que o seu futbolista sufriu o pasado domingo ante o filial do Sporting ao deixar sen efecto una dos cartóns amarelos que viu.
O Pontevedra reclamaba en concreto que se retirase a segunda desas amoestacións, a que viu no minuto 74 de partido nunha acción de ataque na que Borjas terminou chocando cun rival.
Ao anularse o castigo, os granates non contarán con ningún futbolista sancionado para o choque desta semana. Pola contra Luisito recupera para a cita Anxo e a Pablo, que cumpriron ciclo de cartóns a pasada xornada.
Así pois a única dúbida no equipo granate é o estado físico dos dous lesionados. Capi atópase a piques de reaparecer tras superar unha rotura muscular no xemelgo, lesión similar á que mantén afastado das convocatorias a Pablo Carnero.
Relacionadas:
-
Agasallos e pólvora mollada do Pontevedra ante un Celta B resultadista (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O mellor Celta B da tempada crúzase no camiño do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra poderá utilizar o campo de fútbol de Outeiro, en Barro
Por Redacción |
-
Pontevedra e Sporting B aburren nun partido infumable (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |