O Pontellas asalta San Pedro (0-1) ante un Marín que perde unha grande ocasión
Por Redacción
O solitario gol de Samuel no tramo final do partido foi do pouco salientable dun encontro disputado no Estadio de San Pedro no que Marín e Pontellas (0-1) ofreceron moi pouco fútbol.
Era un duelo directo por evitar os postos perigosos e os de Porriño, con moi pouco, conseguiron levarse os tres puntos collendo aire na clasificación.
Para o Marín, que en caso de gañar tería abandonado a zona de descenso, é a segunda derrota consecutiva despois de permanecer oito semanas sen perder. A próxima xornada, os de Toño Lodeiro mediranse outro dos seus rivais próximos, o Estradense.
MARÍN CF (0): Solla, Javi Doce, Edu Corrales, Fumero, Hayk, André, Eric, Joaquín (Rial, min.54), Villaverde (Docampo, min.78); Dani (Agustín Doce, min.86), Agus.
CD PONTELLAS (1): Miguel, Lucas, Berto, José, Sito, Lucas, Chuvi (Isaac, min.6), David (Samu, min.80), ÿscar Comis (Diego Blanco, min.88), Chuly; Zurdo (Javi, min.90), Nacho.
Árbitro: Gay Casal (Santiago). Amonestou aos locais Solla, Hayk, Fumero e Villaverde e aos visitantes Nacho, ÿscar Comis e Isaac.
Gol: 0-1 Samuel, min.85.
Inicidencias: Partido disputado no Estadio de San Pedro, Marín.