Bo fútbol pero mal empate (0-0) para Xuventú Sanxenxo e Cultural Areas
Por Redacción
Xuventú de Sanxenxo e Cultural Areas buscaban en Baltar de Arriba rematar a xornada como líderes en solitario da categoría, pero o empate final que reflectía o marcador aparta ambos os dous dese cobizado primeiro posto, tras un partido con bo xogo e ocasións para ambos os dous bandos, no que os dous equipos mostraron as súas credenciais que os acreditan como serios candidatos ao ascenso.
ÿscar García, o técnico local, afrontaba o partido con importantes baixas nas súas filas, pero nin así quixo renunciar á súa aposta habitual de fútbol combinativo, o que trouxo como consecuencia un partido aberto, xogado de poder a poder.
Carlos tivo a primeira oportunidade para os visitantes, pero mandou o balón fóra. A resposta daríaa Cuchi cun disparo dende fóra da área atallado por Vitas. Co partido aberto, no minuto 39 o árbitro anulaba un gol conseguido por Nel ao estimar fóra de xogo.
A segunda parte foi de dominio local. O Sanxenxo tivo as súas ocasións nas botas de Darío e na cabeza de Nel, aínda que o Areas á contra tamén tería a súa oportunidade por medio de Carlos.
Os visitantes afrontaron os últimos minutos en inferioridade, tras as expulsións de Hugo (min. 76) e Fonseca (min.89), pero souberon sufrir para manter o empate que non fai xustiza a ningún nin moito menos ao bo fútbol exhibido.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Vladimir, Minso, Darío, Javi, Alfonso, Deivi, Álex Galdames, Cañi, Cuchi, Nel e Curri.
CULTURAL AREAS (0): Vitas; Damián, Cuco, Costas, Vicente; Cañi (Tabi, min. 74), Fonseca, Hugo, David (Ferreiro, min. 69); Carlos (Couso, min. 83) e José Arenas.
Árbitro: Mazaira Rodríguez (Ourense). Expulsou por dobre amoestación a Hugo (min. 76) e Fonseca (min. 89). Amoestou a Minso, Darío, Alfonso, Álex, Cañi, Cuco, Costas e David.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 250 espectadores.