Partido para esquecer e xusta derrota (1-0) en Vilalba dun Pontevedra carente de xogo, ideas e intensidade
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot
Se disparas a porta unha vez no primeiro minuto de partido (taponado por un defensa) e a seguinte exactamente 60 minutos máis tarde, nun gol correctamente anulado. Se ademais xogas case media hora cun home máis ante un contrario parapetado na súa área e nin así logras facer nin unha só oportunidade real de perigo, con sorte poderás empatar, pero nunca gañar un partido. E se por enriba cada vez que defendes unha acción a balón parado concedes ao rival unha oportunidade de remate por pasividade nas marcaxes, defendendo "coa mirada", tarde ou cedo tantas facilidades rematan por pasar factura e custar a vitoria, por frouxo que sexa o rival.
Todos estes e moito máis foron os pecados cometidos por un Pontevedra apático, fallón nas entregas, pasivo nas marcaxes, falto de intensidade nas súas accións e pailaroco na súa proposta futbolística, baseada nun absurdo xogo directo que o único que facía era facilitar o labor dos tres centrais dispostos polo Rácing Villalbés para pechar os camiños cara ao portal de José Ángel, que posiblemente vivise un dos partidos máis tranquilos de toda a tempada.
Foi un Pontevedra vulgar na contrucción. Incapaz de dar dous pases seguidos en toda a primeira parte, que caeu ademais na trampa incomprensible de recorrer ao fútbol directo cando en fronte tiña un trío de centrais altos e contundentes, contra os que debía manter unha desigual pelexa Richi, que ten outras calidades, pero non as do xogo aéreo, dada a súa envergadura.
Pero é que ademais, salvo raras e honrosas excepcións, os xogadores elixidos por Milo para esta ocasión saíron coa "caraja" posta e non conseguiron sacarlla de enriba en toda a tarde. A lentitude nas súas accións convertíaos en vítimas doadas dun Villalbés máis ambicioso e coa lección ben aprendida. Os locais souberon esperar a súa ocasión, aínda a custa de aburrir ao persoal. Firmes atrás pero tamén con problemas no xogo de ataque, fiaban as súas opcións á inoperancia granate e á calidade de Justino no balón parado.
O sucedido no primeiro minuto resultou un espellismo, cando Stefan recibe o único balón decente que lle chegou aos atacantes granates, pero estrela o seu disparo nas pernas de Kiko. Logo o primeiro regalo que desaproveitou ÿscar Martínez tras un erro grave de Yago Vázquez, que lle regala o balón deixándoo só ante Lloves. O porteiro granate salvaría a situación no man a man. Era o minuto 5 e o que sucedeu ata o descanso mellor ignoralo. Mentres o Pontevedra nin se asomou pola área local máis que en catro saques de esquina todos mal executados, o Villalbés desperdiciaba por medio de Roberto dous remates á saída de senllos corner, a xeito de anticipo do que logo sería o gol e da "amabilidade" dos defensores visitantes.
O Villalbés quedou en inferioridade no minuto 67 por expulsión de Justino
A segunda parte non foi mellor. O Pontevedra xogaba (é un dicir) andando. Non había apoios e ninguén era capaz de ver a liña de pase axeitada. E nestas estabamos cando dun corner sae un mal rexeitamento, unha segunda xogada mal defendida e o gol local. Era o minuto 59. Pouco despois o árbitro deixaba o Villalbés en inferioridade ao expulsar a Justino, e o Pontevedra apoderábase do balón para poñer máis aínda ao descuberto as súas vergoñas futbolísticas. Os locais botáronse atrás, pero movendo o balón cunha lentitude exasperante, só se creou unha ocasión de perigo, minuto 73, nun centro lateral de Tubo que rematou Stefan á rede, pero que o árbitro invalidou por falta previa.
Quedaban 17 minutos por diante máis o desconto. Coma se quedasen 20 horas. Poderían estar a xogar ata a semana seguinte sen que o Pontevedra lograse gol. E é que non foi mellor o Villalbés, simplemente foi peor, moito peor, un lamentable Pontevedra.
RÁCING CLUB VILLALBÿS (1): José Ángel (1); Mauro Poratti (1), Kiko (2), Roberto (2), Borja (2), Álex (1); Pablo (1), Make (1), Justino (1), ÿscar Martínez (1); e Dani (1).
Substitucións: Hugo (1) por Dani, minuto 71. Nico (s.c.) por ÿscar Martínez, minuto 80. López (s.c.) por Make, minuto 82.
PONTEVEDRA, C.F. (0): Lloves (2); Cristóbal Juncal (0), Sestelo (1), Yago Vázquez (1), Tubo (2); Iago Paz (0), Moisés Pereiro (0), Jacobo (0), David Pérez (1); Richi (0) e Stefan (1).
Substitucións: Santi Domínguez (0) por Moisés Pereiro, minuto 67. Adrián (s.c.) por Sestelo, minuto 71. Javi Pazos (s.c.) por Stefan, minuto 80.
Árbitro: David García Rosell, auxiliado nas bandas por Raúl González Aguilera e Isaac Rodríguez Ventura (Colexio Catalán). Expulsou por dobre amoestación a Justino (minuto 67). Amoestou a Hugo, Nico, Moisés Pereiro e David Pérez.
Goles: (1-0) Minuto 59: Centro dende a banda de Justino que roza cara a atrás Yago Vázquez e Kiko chegando libre de marca, aproveita para cruzar por raso, só ante Lloves.
Incidencias: Campo municipal da Magdalena (Vilalba). Frouxa entrada con apenas 150 espectadores e menos dunha decena chegados dende Pontevedra.
VESTIARIOS:
JOSÿ ANTONIO PRIETO "CATA": O adestrador local estaba radiante: "Gañamos a un grande equipo como o Pontevedra e creo que o fixemos con xustiza. Sabiamos que eles son tecnicamente superiores, pero pechamos moi ben os espazos aproveitando que os nosos centrais van moi ben por alto, e deixándolles as bandas pero sen posibilidade de que nos chegasen con perigo".
"Non quero axuizar o labor do Pontevedra, pero eu si que sufrín, especialmente cando quedamos cun menos. O noso obxectivo é conseguir canto antes os 45 puntos para estar tranquilos, e penso que estamos en boa liña. ÿ verdade, iso si, que en Pontevedra aínda que tamén gañamos, creáronnos moitos máis problemas, especialmente na primeira parte na que foron moi superiores, pero hoxe aquí non, non lles deixamos e merecemos gañar".
Milo Abelleira: "Volvemos cometer os mesmos erros que ao comezo de tempada"
MILO ABELLEIRA: Curiosamente, a pesar da lamentable imaxe que ofrecera o seu equipo e da falta de recursos ofensivos, o técnico granate só se queixaba de ter empezado mal o partido: "Volvemos cometer os mesmos erros que ao comezo de tempada, con fallos na saída de balón que nos custaron ese primeiro susto de ÿscar Martínez. Penso que esa xogada nos influíu e a partir de aí non fomos capaces de ter o balón nin de crear perigo"
Non obstante, Milo non quixo ver os defectos do equipo nin a súa falta de intensidade: "Na segunda parte melloramos, pero veu o gol despois dun corner despexado e un segundo centro no que non tivemos fortuna ao despexar. Logo é certo que nos custou chegar con perigo porque eles son moi fortes no xogo aéreo e non estivemos acertados para aproveitar as segundas xogadas. Tivemos o balón, máis coa expulsión. Intentámolo por banda, pero non fomos capaces. Eles creáronnos problemas coa velocidade e calidade de ÿscar e nós dominamos pero sen resultado. O gol penso que está ben anulado".