O Pontevedra viaxa a Vilalba coa dúbida de Pablo González por gripe
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de fútbol visita este sábado o Municipal da Magdalena de Vilalba (16:30 horas) en busca de tres puntos que lle permitan seguir na pelexa polos postos que dan acceso á fase de ascenso.
No partido ante o Rácing Villalbés non estarán o recén operado Fran Fandiño, Caco, Lorenzo e Pacheco, todos eles lesionados, pero si xogadores como Moisés Pereiro, que volve a unha convocatoria despois de varias semanas de ausencia e os dianteiros Stefan e Santi Domínguez, que evolucionaron favorablemente dos seus problemas físicos e entraron nunha lista de 18 xogadores na que tamén se encontra o recén incorporado David Pérez.
A maior dúbida para Milo Abelleira reside no estado físico de Pablo González, dubida ata última hora ao estar afectado dun proceso gripal. O adestrador granate volverá botar man de futbolistas con ficha do filial para cubrir as baixas como os centrais Cristóbal Domínguez e Yago Vázquez ou o porteiro Edu.
Dous serán os descartes que deba facer o técnico pontevedrés nunha lista formada por: Lloves, Edu, Pablo, Nano, Adrián, Sestelo, Cristóbal Domínguez, Yago Vázquez, Cristóbal Juncal, Jacobo, Iago Paz, David Pérez, Tubo, Moisés Pereiro, Richi, Javi Pazos, Stefan e Santi Domínguez.
O colexiado do encontro será David García Rosel, do colexio catalán.