A suspensión do partido entre Pontevedra Féminas e Arousana B termina en liorta
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O partido correspondente ao campionato de liga de segunda división feminina que enfrontaba na tarde deste domingo, día 13, ao Atlético Pontevedra Féminas e ao Arousana, no campo da Xunqueira II, terminou de forma inesperada nunha lamentable liorta, da que foron protagonistas polo menos dúas xogadoras do equipo pontevedrés e o adestrador visitante.
No momento da suspensión, segundo reflicte o acta arbitral, o resultado era favorable ao Arousana, que se impoñía por 2-3, cando "en el minuto 69 de partido el entrenador del equipo visitante, Atlético Arousana B, identificado como Gregorio Bouzas Castro, se dirige a mí -recolle o árbitro do encontro- entrando en el terreno de juego y con los brazos en alto protestando, me dirijo a él para mostrarle la tarjeta roja y en ese momento se acerca a mí y me da un empujón desplazándome varios metros hacia atrás".
O colexiado segue relatando o sucedido: "Cuando consigo reincorporarme le muestro la tarjeta roja y procedo a suspender el partido porque peligra mi integridad física". Tamén fai alusión a que o técnico, ademais de empuxarlle, dirixiuse a el dicindo "esto es por culpa tuya subnormal".
Tras suspender o partido, e sempre segundo a información que reflicte o acta arbitral, o "entrenador cruza el terreno de juego dirigiéndose hacia los vestuarios con total lentitud y chillando, varias jugadoras del equipo local se enzarzan con él propinándose mútuamente varios manotazos", ademais de entrar no campo "una decena de personas del público que se encaran y discuten con jugadoras de ambos equipos".
Como involucradas nas agresións, o árbitro identifica a dúas xogadoras do Atlético Pontevedra Féminas "María del Carmen Torres García, con el dorsal número 1, y Rocío Torres García, con el dorsal número 9" como algunhas das participantes na liorta.
Antes de abandonar o colexiado as instalacións, nas mesmas presentouse unha parella de axentes da policía local, alertadas do sucedido, aínda que a súa intervención xa non foi necesaria.
DENUNCIAS CRUZADAS EN COMISARÍA
Tras o partido una das xogadoras implicadas na liorta, pertencente ao Atlético Pontevedra Féminas, e o adestrador do Atlético Arousana presentaron senllas denuncias ante a Policía Nacional, achegando a futbolista ademais un parte médico de lesións tras acudir a un centro hospitalario.
A Policía Nacional investiga agora os feitos co concepto de rifa en evento deportivo.