Quique Domínguez non considera "decisivo" o importante duelo ante Puerto Sagunto
As segundas voltas nunca son prato fácil para ningún equipo e menos para os conxuntos que loitan por eludir os postos baixos da táboa, en busca da ansiada permanencia. Nesta situación atópase a S.D. Teucro tras o negativo refacho de partidos dos azuis que provocou, tras a derrota da semana pasada ante o Ángel Ximénez Puente Genil, que o equipo se sitúe nos postos máis baixos da clasificación.
De aí a importancia do partido que o conxunto pontevedrés disputará este sábado 5 de marzo ante o Fertiberia Puerto Sagunto no pavillón Ovni de Puerto Sagunto, ás 18:30 horas.
Os nervios, a inexperiencia de parte do plantel e a mala sorte foron algúns dos factores crave do conxunto dirixido por Quique Domínguez que admite sentir "unas ganas enormes de que llegue el partido del sábado porque tiene ganas de demostrar que es capaz de hacerlo mejor de lo que lo hizo el último día".
O partido ante Puerto Sagunto pretende disipar as dúbidas existentes e deixar ao carón a frustración na que quedou o equipo despois do anterior partido. Para iso deberán superar a un conxunto moi experimentado, con constantes rotacións e con moitas variacións para todos os postos. Como un "equipo muy físico" define o técnico pontevedrés ao conxunto de Sagunto, que dispón de "una plantilla para estar mucho más arriba de lo que están". Ademais, Domínguez tamén destaca a complexidade da pista polo ambiente que alí se vivirá e que outorgará ao conxunto azul unha presión extra, que deberán superar para afrontar a difícil situación a domicilio. O técnico considera que o partido é "importante" pero non "decisivo".
O equipo azul, que aínda non venceu fóra de casa esta tempada, debe gañar aos valencianos para abandonar os postos de descenso e lograr así unha diferenza de goles positiva. En canto ao nivel físico, o equipo viaxa a Sagunto ao completo, para poder disputar ao cento por cento o partido ante un dos seus rivais directos.
Doutra banda, o extremo dereito baracaldés Arkaitz Piriz, manifestou que non tería ningún problema á hora de volver lanzar desde os 7 metros pese ao fallo do outro día na derrota en casa ante Puente Genil, xa que "si me dice Quique que los tire pues los tiraré cuando él diga", demostrando así a confianza nesa situación. O plantel, que segundo Arkaitz o outro día quedou un pouco "en shock" ao ver como o Puente Genil adiantábase a todos os seus movementos, debe superar os nervios en situacións craves do encontro facendo que o equipo creza en madurez.