O Pontevedra B rescata un punto no desconto fronte ao Arosa
Por Ramiro Espiño
A punto estivo o Arosa de levarse un botín maior na súa visita ao sintético da Xunqueira. Aplicando a mesma fórmula que tan bos froitos rendeulle a pasada semana fronte ao Ribadumia de deixar a iniciativa ao contrario e esperar a oportunidade de sorprender á contra, os xogadores de Lino González encontraron as súas opcións na recta final do partido e mesmo puideron sentenciar antes de que o filial granate conseguise o tanto da igualada, que facía xustiza ao visto sobre o terreo, cando o reloxo superara xa o minuto 90.
O técnico arosista, Lino González, reservou de saída un Adrián Camiño minguado como consecuencia dunha gastroenterite, e esa ausencia deixouse notar no xogo ofensivo dos visitantes, que apenas inquietaron a meta de Edu Sousa.
Pero a pesar do seu dominio e salvo os minutos iniciais nos que Javi Pazos e Buba roldaron con certo perigo a Jorge Pérez, o Pontevedra B non lograba salvar a maraña defensiva visitante e non sería ata a segunda parte cando as ocasións de verdade claras comezarían a chegar. A primeira foi para Pingüi, quen no minuto 54 estrelaba o balón no longueiro, despois dunha gran xogada para enmarcar de Javi Pazos, desfacéndose de ata cinco contrarios. Pouco despois Buba queda só diante de Jorge Pérez, pero estrela o seu remate no corpo de porteiro visitante.
A entrada de Adrián Camiño dá aire ao Arosa, que nun lanzamento afastado do recén incorporado pon a proba os reflexos do meta local. O Arosa empezaba a encontrar o que dende o asubío inicial viña buscando, a posibilidade de saír ao contragolpe. Fíxoo no minuto 74, pero José Ramón, só ante Edu Sousa, pica o balón mandándoo fóra, pero non fallaría un minuto máis tarde, tras outro rápido contragolpe moi ben levado por Hugo Sanmartín.
Tocaba defender a renda e aquí non estiveron finos os visitantes que aguantaron o marcador máis por desacerto local nos últimos metros que por verdadeira orde defensiva, ata que no desconto un corner ben botado, mellor rematado por Yago, pero mal defendido, poñía as táboas no marcador e facía xustiza aos méritos reais dun e outro equipo.
PONTEVEDRA B: Edu Sousa; Chicho, Cristóbal, Yago, Alves; Víctor, Collazo, Héctor, Pingüi; Javi Pazos e Buba.
Substitucións: Min. 63 Pedro por Buba. Min. 69 David por Pingüi. Min. 78 Diego por Collazo.
AROSA, S.C.: Jorge Pérez; Juanjo, Martín, Roberto, Borja; Comesaña, Rivas; Hugo Sanmartín, ÿscar Guimerans, José Ramón; Juanito.
Substitucións: Min. 46 Pablo por Juanito. Min. 63 Camiño por ÿscar Guimerans. Min. 76 Santi por Borja. Min. 90 Liños por Hugo Sanmartín.
Árbitro: Alberto Rey Molano, auxiliado nas bandas por Miguel Ángel Castro Castro e José Manuel González Laíño (Santiago). Amoestou a Comesaña, Martín e José Ramón.
Goles: (0-1) Minuto 75. José Ramón fusila nunha boa contra levada por Hugo Sanmartín. (1-1) Minuto 92. Yago remata de cabeza ao bordo da área pequena nun lanzamento de corner.
Incidencias: Sintético da Xunqueira. Ao redor de 250 espectadores, deixándose notar a presenza de afeccionados vilagarcianos.
El juvenil de división de Honor goleado en Gijón
DURO CORRECTIVO PARA OS XUVENÍS NA SÿA VISITA AO VERIÿA
Seguen sen conseguir endereitar o rumbo os xuvenís do Pontevedra que caeron goleados en Gijón fronte ao Veriña (5-2) nun partido dominado polos asturianos de cabo a rabo.
Recibir tres goles en pouco máis de quince minutos foi unha lousa insalvable. O Pontevedra saíu coa defensa moi adiantada o que sería aproveitado por Ponte que marcou gañando as costas á zaga nos dous primeiros tantos e un terceiro elevando o balón sobre a saída do porteiro.
Con esta vantaxe o Veriña xogou moi tranquilo e aínda que o Pontevedra reduciu diferenzas antes do descanso o Veriña volveu marcar por medio de Adry e Diego, sentenciando o partido, aínda que a oito minutos do final Adrián maquillaba lixeiramente o resultado.