O Pontevedra presenta a David Pérez sen descartar máis incorporacións, "hasta el 31 puede pasar de todo"
Por Diego Espiño
David Pérez xa é xogador do Pontevedra Club de Fútbol ata final de tempada. O futbolista, que asina unicamente por obxectivos, afronta a súa terceira etapa como granate como un reto persoal, "asinar vaime supoñer un custe. Quero demostrar a miña implicación, gústame o fútbol e quero competir. Este é un reto persoal".
David Pérez acepta a proposta do clube de cobrar unicamente por obxectivos
Dende o clube, o vicepresidente José Manuel Fernández espera que David Pérez poida achegar a súa experiencia a un equipo novo como o actual plantel granate, "al margen de su calidad nos va a aportar esa veteranía que a veces echamos de menos. Personalmente estoy muy contento porque el año pasado fue un jugador muy comprometido con el equipo".
Fernández non descarta que se produzan máis movementos nos próximos días antes de que se peche o mercado invernal, aínda que a situación económica fai difícil pensar en máis reforzos, "en principio no habrá más fichajes pero hasta el 31 de enero no se cierra el plazo y no se puede descartar nada".
David Pérez ocupa a ficha libre deixada por Breogán Pereiro despois de estar a adestrar ás ordes do Milo Abelleira dende o mes de setembro, posto que se atopaba sen equipo.