O Teucro pon en marcha unha campaña de captación de socios para a segunda volta
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro inicia este sábado (20:00 horas) a segunda volta da liga coa visita do filial do Fútbol Club Barcelona, líder da categoría, despois do parón motivado polo Campionato do Mundo.
Por este motivo a directiva pontevedresa pon en marcha unha campaña de captación de socios de cara ao tramo final de competición, no que os azuis aspiran, unha vez distanciados os postos de descenso, a achegarse á zona que dá dereito a xogar a fase de ascenso á Liga Asobal.
Os prezos redúcense un 50% con respecto aos aboamentos de tempada completa nunha iniciativa que apela "a todas as persoas que nalgún momento seguiron e sentiron ao Teucro", co obxectivo de que apoien o clube na difícil situación económica que atravesa.
ABOAMENTOS MEDIA TEMPADA | Prezo |
---|---|
Protector | 150 |
Familiar | 100 |
Peñas | 50 |
Bonificado | 30 |
Estudantes | 25 |
Xuvenil | 15 |
Infantil | 8 |
Para retirar o aboamento hai que dirixirse ás oficinas do clube, situadas no Pavillón Municial, ou chamar ao teléfono 986 851 696.