Juan Antonio Saavedra, ante os Xogos de Río: "Creo que tengo posibilidades de lograr el oro"
Por Diego Espiño
Será unha clara opción de medalla nos próximos Xogos Paralímpicos de Río 2016. Así o demostran os seus últimos resultados, tras impoñerse recentemente na Copa do Mundo da Al-Ain (Abu Dhabi).
Nos Emiratos Árabes Juan Antonio Saavedra certificou o seu pasaporte para Brasil, onde aspira a subir ao máis alto do podio tras lograr en Londres 2012 unha medalla de prata.
"Creo que tengo posibilidades de lograr el oro", sinala o pontevedrés recoñecendo que "es mi objetivo desde el día después de Londres".
Por iso especializouse en dous das tres modalidades nas que competirá en Río, centrando esforzos en carabina tendida 50 metros e carabina aire tendido, que é onde "tengo más posibilidades", recoñece. Ademais participará en carabina aire a pé.
Con todo o nivel é moi parello entre tiradores de varios países, o que obrigará a "estar ese día preparado", xa que na final "confío estar y ahí será ya a cara de perro", explicou ante os medios de comunicación tres ser recibido no Concello de Pontevedra polo alcalde, Mieguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
Segundo desvelou Lores, en próximas datas o Concello pechará un convenio de patrocinio con Juan Antonio Saavedra "como con todos os olímpicos" para tentar axudarlle na súa preparación.
De feito, explicou Saavedra, antes de Río competirá na Copa do Mundo de Tailandia en marzo e nun gran premio internacional en Hannover en maio, pero ata setembro, data dos Xogos Paralímpicos, tentará participar nalgunha competición internacional máis que deberá pagar do seu peto, co problema que iso supón, xa que a Federación Española só custea as viaxes a eventos da Copa do Mundo.