Partido para esquecer do Marín ante o Ponte Ourense (5-0)
Por Redacción
Levaba o Marín oito partidos sen perder, con vitorias de prestixio como por exemplo a conseguida ante o líder da categoría, o Cultural Areas, e tivo que ser o pechacancelas o que baixe da nube ao equipo adestrado por Toño Lodeiro.
O Ponte Ourense mostrouse moi superior aos marinenses durante todo o choque e acabou por golear (5-0) un equipo que pareceu non comparecer no Campo de Oira.
O Marín, que se mantén a un punto dos postos de permanencia, ten unha boa oportunidade de escapar do descenso nos próximos encontros ante dous rivais directos, Pontellas e Estradense.
PONTE OURENSE CF (5): Marcos, Simón (Adrián, min.77), Felipe, Schuster, Manuel, Meleiro, Millán (Pucho, min.72) Quique (Lamelas, min.71), Iván, Gabri (Angel Castro, min.76).
MARÍN CF (0): Solla, Darío, Tinaia (Pumero, min.8), Edu, Hayk, Joaquín (Villaverde, min.46), André, Eric, Agus, Dani Domínguez y Borja (Agustín Doce, min.45) (Arosa, min.83).
Árbitro: Casal Fernández (Vigo). Amonestou aos locais Felipe, Millán e Iván e aos visitantes Darío, Hayk, Edu, André e Villaverde.
Goles: 1-0 Darío en propia meta, min.14; 2-0 Iván, min.36; 3-0 Quique, min.45; 4-0 Felipe, min.52; 5-0 Felipe, min.82.
Incidencias: Partido disputado no Campo de Oira, Ourense.