Miki, renovado e cedido ao Rápido de Bouzas
Por Diego Espiño
As últimas horas do mercado de fichaxes, que se pechaba oficialmente este luns ás 18:00 horas en Segunda B e Terceira División, depararon un último movemento no Pontevedra Club de Fútbol.
O club granate confirmou a cesión de Miguel Vilar 'Miki' ao Rápido de Bouzas ata final de tempada.
Fíxoo tras renovar ao futbolista de 19 anos, que asinara o pasado verán por un ano procedente precisamente do equipo vigués.
Miki buscará así sumar en Terceira División uns minutos que na súa primeira campaña en Pasarón estábanselle negando, coa intención de gañarse a confianza de Luisito e volvelo a tentar a próxima tempada.
No capítulo de incorporacións non se produciron sorpresas de última hora e ventá de fichaxes pecha para o Pontevedra con tres altas, as de Company, Bello e Hugo Rodríguez e outras tantas baixas, as de Miki, Tubo e Lloves.
Relacionadas:
-
O Pontevedra visita ao Compostela sen fiarse dun equipo que "mellorou moito"
Por Diego Espiño |
-
San Lázaro, un partido 'trampa' para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Organizan unha viaxe para afeccionados a Santiago ante o derbi contra o Compostela
Por Redacción |
-
Hugo Rodríguez preséntase con ilusión "por estar en los puestos altos de la clasificación"
Por Redacción |
-
O Pontevedra perdoa demasiado e págao co empate ante o Lealtad (2-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Tubo desvincúlase do Pontevedra para comprometerse co Boiro
Por Redacción |