A Gimnástica viaxa a Valencia co obxectivo de mellorar o cuarto posto de 2012 na Copa do Rei
Por Diego Espiño
O Velódromo Luis Puig de Valencia acolle este sábado a Copa do Rei de atletismo, unha competición baixo teito que reúne os oito mellores clubes de España, entre os que se encontra a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
O equipo lerezano viaxa cheo de ilusón á cita e cun obxectivo claro aínda que moi complicado, mellorar o histórico cuarto posto conseguido no ano 2012, así recoñéceo o vicepresidente da entidade Juan Romero, "primero y segundo lo veo imposible pero tercero no lo veo descabellado. Ahora bien, podemos ser sextos, pero vamos a aspirar a todo. El año pasado fuimos cuartos con un poco de suerte porque nuestro potencial no era para ser cuarto, nos salieron las cosas bien y a otros no tanto".
A Gimnástica, segundo o estadillo de marcas da Federación, parte sobre o papel como quinto mellor conxunto, "creo que tenemos un equipo muy competitivo, hay tres muy superiores teóricamente como el Barcelona, el Playas de Castellón y el Marathon Madrid y a partir de ahí estamos la Gimnástica y alguno más".
Alfonso Palomares en triplo salto e Carlos Espina en salto de altura serán os primeiros atletas do clube pontevedrés en competir, a partir das 17:00 horas. O resto do equipo compóñeno Alberto Salcedo, Víctor García, Eduardo Gallardo, Eduardo Suárez, David Alejandro, Mario García, David Ferrer, Víctor Gallego, Julián Ortiz e Emilio Martín.