Grandes marcas no inicio do Campionato Galego de Inverno de Natación
Por Cristina Saiz
O Club Natación Galaico domina a clasificación de clubs do Campionato Galego de Inverno de Natación que se está celebrando no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños.
A competición iniciouse este luns 28 de decembro cunha primeira xornada na que os nadadores realizaron grandes rexistros, con ata nove mellores tempos persoais e un record autonómico, o de Marcos García (CN Ferrol) en 100 bolboreta con 52.37.
Entre as mellores marcas o pontevedrés Daniel Sánchez igualou o mellor rexistro galego para nadadores de 17 anos nas 50 costas (26.35).
Ata o mércores 30 de decembro compiten en Rías do Sur un total de 262 nadadores de 24 clubs de Galicia.