O Pontevedra persegue ante a Cultural Leonesa despedir o ano en postos de play-off
Por Diego Espiño
Último partido do ano para o Pontevedra Club de Fútbol, que afronta ante a Cultural Leonesa un duro exame ao seu bo momento de forma.
O Estadio Municipal de Pasarón será escenario este domingo (17:00 horas) dun duelo que pode facer aos pontevedreses comer o turrón do Nadal en postos de play-off de ascenso a Segunda División.
Conseguirano, pase o que pase noutros campos, se gañan aos leonenes, actualmente segundos na táboa clasificatoria con tres puntos sobre os granates, quintos.
Non será con todo un reto sinxelo, posto que a Cultural non perde en liga desde o 27 de setembro en Tudela. Desde entón sete triunfos e catro empates contemplan a traxectoria do equipo dirixido desde o banco por Juan Fernando Fenoll.
Luisito non decidirá ata horas antes do partido a lista definitiva de 16 futbolistas, aínda que son seguras as ausencias de Álex Fernández por lesión e Kevin Presa por sanción.
O madrileño Fernando Bueno Prieto, colexiado recentemente ascendido a Segunda B, será o encargado de dirixir o choque entre dous dos clubs con máis historia na categoría de bronce do fútbol nacional.
Relacionadas:
-
Contra a Cultural Leonesa e a pesar dunha arbitraxe nefasta, o Pontevedra (2-1) remonta e entusiasma
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Rápido de Bouzas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Redacción |
-
De estar na ruína para ser o novo rico do fútbol español, así é a Cultural Leonesa
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra repite resultado en Luanco (0-1) e avanza a oitavos de final na Copa Federación
Por Redacción |