Cuntis goza dunha xornada do mellor atletismo nacional co Campionato de España de Marcha
Por Diego Torrado
As Canteiras converteuse por un día no centro do atletismo nacional grazas ao Campionato de España de Marcha de Promoción, é dicir, para as categorías cadete, xuvenil e junior.
As renovadas pistas de atletismo de Cuntis gozaron dunha animada xornada deportiva, na que os atletas galegos lograron destacados resultados e o Atletismo Cuntis defendeu o pavillón local cunha medalla de bronce, a de Iria Rivas en categoría cadete, mentres Álex Novas foi sexto.
Ademais en canto á representación galega, Antía Chamosa foi prata en categoría xuvenil marcando un novo record autonómico. Tamén foron prata Daniel Chamosa e Carmen Escariz na categoría junior, mentres Leyre Aramburu, da Atlética Lucense, foi bronce en idade xuvenil.
Paralelamente ao campionato nacional disputouse nas Canteiras o Gran Premio Vila de Cuntis, Memorial Josefina Romero.