O Clube Loita Pontevedra destaca no Campionato Galego
Por Redacción
Os 17 clubes da Comunidade acudiron ao Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra á disputa do Campionato Galego de Loitas Olímpicas. En total preto de 200 deportistas nas categorías olímpica, grecorromana e libre feminina.
Nos atletas locais do Clube Loita Pontevedra destacou Pablo García, campión en modalidade olímpica de menos de 74 quilos e terceiro en loita grecorromana en categoría aboluta, onde o seu compañeiro Juan de Jesús foi ademais terceiro en 96 quilos.
En idade cadete, o clube pontevedrés destacou con tres medallas de ouro en categoría feminina, as de Lidia Pérez, Carmen Salgado e Nazaret Liser, e outras dúas de prata para os rapaces, obtidas por Manuel Fernández e Marcos Sanmartín.