Conxura teucrista para dar a sorpresa ante o invicto Naturhouse La Rioja
Por Diego Espiño
Noite das grandes a que este mércores (20:45 horas) vivirase no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
O Teucro recibe na casa ao Naturhouse La Rioja en partido adiantado debido á participación do cadro de Logroño na Champions, e faino convencido das súas posibilidades e con ganas de manter a súa fortaleza no Municipal, onde gañou os seus catro encontros.
O Naturhouse chega á cidade de Lérez como un dos dous equipos invictos da Liga Asobal xunto ao Barcelona, próximo rival azul, aínda que contará en Pontevedra con importantes baixas, como as de Albert Rocas, Javi García e o galego Pablo Cacheda.
"Estamos hablando de un muy buen equipo y un partido muy complicado para nosotros" recoñece Quique Domínguez, que xunto aos seus xogadores non renuncia a dar a sorpresa.
"Va a ser el partido más complicado hasta ahora, pero con el apoyo de todos y las ganas que tenemos los dos puntos se quedarán aquí", completou o extremo Carlos García na rolda de prensa previa ao choque, celebrada no Colexio Doroteas ante a atenta mirada dos alumnos do centro e tamén con algunha das súas preguntas.
No cadro pontevedrés o parón permitiu recuperar sensacións a Edu Moledo, deixando atrás os problemas nas costas, pero con todo David Chapela segue a arrastrar dor no ombreiro e será dúbida ata última hora.
O partido será arbitrado polos colexiados cataláns Luque Cabrejas e Pascual Sánchez.
Relacionadas:
-
Barcelona Lassa supera un digno Teucro (44-30) igualando o record de vitorias da liga
Por Redacción |
-
O Teucro roza a gloria pero cede ao final fronte a Naturhouse La Rioja (30-32) nun gran partido
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Semana para recuperar aos tocados antes de afrontar o 'Tourmalet'
Por Diego Espiño |
-
O Villa de Aranda pode cun combativo Teucro (35-29)
Por Redacción |