O mal tempo obriga o Universidade de Vigo de Rugby a xogar en Pontevedra o seu partido de División de Honra
Por Redacción
O Blusens Universidade de Vigo, primeiro equipo galego na División de Honra do rugby español, desprázase a Pontevedra para disputar o partido da decimoterceira xornada contra o Atlético de Madrid (sábado 14:00 horas en Monte Porreiro).
O mal estado do campo do Complexo Universitario de Vigo é a causa de que os vigueses solicitasen, a través do Pontevedra Rugby Club e coa colaboración do Mareantes, poder disputar un partido fundamental para as súas aspiracións no campo de Monte Porreiro.
Despois dunha primeira volta castigado polas lesións, o Universidade de Vigo encóntrase na parte baixa da clasificación na División de Honra, pero as súas aspiracións na segunda parte do campionato pasan por remontar posicións e achegarse un ano máis á permanencia na categoría, unhas aspiracións reforzadas coa primeira vitoria a domicilio conseguida en Hernani a pasada semana. O Bluesens conta ademais para o tramo final de liga cos reforzos do apertura neozelandés Ash Moeke, o centro samoano Iasia Tuifua ou Latu Talakai, natural de Tonga.
A entrada ao campo pontevedrés de Monte Porreiro será de balde.