Marino de Luanco, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa Federación
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece ao seu rival nos dezaseisavos de final da Copa Federación, competición á que accede ao quedar eliminado na primeira rolda da Copa do Rei.
Os granates enfrontaranse, a dobre partido, ao Marino de Luanco, na que é a primeira rolda da fase nacional da competición.
Segundo o establecido no sorteo celebrado na sede da Real Federación Española de Fútbol, o primeiro partido xogarase no Estadio Municipal de Pasarón previsiblemente o xoves 3 de decembro, e a volta en Asturias o día 17 de decembro.
Estas datas son as habilitadas polo ente federativo, que deixa a opción de adiantar os partidos se existe acordo entre os equipos implicados.
Catro equipos (Condal, SD Logroñés, Villa Santa Brígida e Lorca) quedaron exentos desta rolda, sendo o resto de eliminatorias: Compostela-Gimnástica, Rápido de Bouzas-Ciudad Rodrigo, Real Unión-Rayo Majadahonda, Guadalajara-Alavés B, Valle de Egüés-Móstoles, Sabadell-Elche Ilicitano, Atlético Baleares-Badalona, Sariñena-Ascó, Jumilla-Mérida, Granada B-Badajoz e Lebrijana-Quintanar del Rey.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Marino de Luanco aburren nunha gris noite copeira (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Oportunidade para os futbolistas menos habituais
Por Diego Espiño |
-
Cun menos e no último minuto o Pontevedra imponse (1-2) á Peña Sport
Por Redacción |
-
Queijeiro e Campillo, novidades no Pontevedra para a súa visita á Peña Sport
Por Ramiro Espiño |
-
Só un partido en Pasarón durante todo o mes de novembro
Por Diego Espiño |
-
Un erro defensivo e unha nefasta arbitraxe condenan o Pontevedra ante o Logroñés (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |