Cuntis será sede en decembro do Campionato de España de Marcha de Promoción
Por Redacción
As renovadas pistas de atletismo do campo municipal das Canteiras, en Cuntis, serán sede o vindeiro domingo 6 de decembro do V Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción.
Así llo confirmou nunha concisa circular a Federación Española ao Atletismo Cuntis e ao Concello, organizadores do evento.
Será pois unha estrea de altura para as novas pistas, unha vez conclúan as obras de remodelación á que están a ser sometidas.
A competición organízase para as categorías cadete, junior e xuvenil, tanto masculina como feminina, nunha especialidade atlética na que o club local, o Cuntis, destaca a nivel autonómico e nacional.
En idade cadete feminina a distancia para completar será de 3.000 metros, mentres o resto de categorías deberán afrontar 5.000 metros de percorrido.
Relacionadas:
-
Cuntis goza dunha xornada do mellor atletismo nacional co Campionato de España de Marcha
Por Diego Torrado |
-
Cuntis espera unha participación "de nivel" no Campionato de España de Marcha de Promoción
Por Redacción |
-
O goberno bipartito de Cuntis arranxará a desfeita no campo das Canteiras "que non atendeu o PP"
Por Redacción |
-
Cuntis confía en comezar en setembro o arranxo das pistas de atletismo de As Canteiras
Por Redacción |