Chamamento do Teucro a súa afección para o "complicado" partido contra o Ademar León
Por Alejandro Espiño
Para que a SD Teucro poida gañar mañá ao Ademar León necesitará "muchas dosis de fe". Con esa expresión, aludindo ao novo patrocinador do club, trataba de transmitir Quique Domínguez a dificultade que entraña para os pontevedreses o partido deste sábado (20:30 horas, Pavillón Municipal). "Será un encuentro muy complicado", explicou o adestrador, que cualificou ao equipo como un dos grandes do balonmán español.
Despois de varios anos atravesando certas dificultades deportivas, volveron todo o máis alto e, segundo o adestrador pontevedrés, pelexarán esta tempada polos postos darán acceso ás competicións europeas. Trátase, sinalou, dun equipo "fisicamente muy potente" polo que asegura que os teucristas terán que facer un gran esforzo para "estar a la altura".
O Ademar conta, lembrou o técnico pontevedrés, con xogadores que fixeron historia no balonmán español como Juanín García ou Mikel Aguirrezabalaga, xunto con mozos que están a brillar esta tempada e que teñen moita proxección como Diego Piñeiro ou Vladimir Cupara. "Es un buen equipo que combina talento y juventud, vienen con muchas ganas porque no empezaron bien, pero han enganchado una buena racha", engadiu Gonzalo Carró.
En todo caso, o Teucro está "preparado" para plantarlle cara ao Ademar. "Venimos de una derrota muy dolorosa en Granollers y tenemos ganas de hacer un buen partido", explicou Quique Domínguez. Tras analizar os puntos débiles do seu rival durante toda a semana, os pontevedreses tratarán de imprimir un ritmo forte ao partido e xogar a un marcador alto, "outra cousa é que nos deixen", afirmou o técnico.
Sexa como sexa, o xogo do equipo non vai variar moito con respecto a partidos anteriores porque, a pesar do poderío do rival, "si renuncias a tu manera de jugar, pierdes", asegurou o adestrador da SD Teucro, que fixo un chamamento á afección para que acudan ao Municipal. "Será un partido atractivo y con muchos alicientes. Ellos traen aficionados porque están cerca y en León se vive mucho el balonmano. Espero que nos apoyen", concluíu.
FE SEGUROS, NOVO PATROCINADOR
Ródaa prensa previa ao partido celebrouse este venres nas oficinas de FE Seguros, compañía que asinou un convenio de patrocinio co Teucro. O seu director xeral, Ricardo Dapena, afirmou que para esta empresa, de capital integramente galego, "formar parte de Pontevedra es para nosotros especial" e destacou que este acordo co Teucro "representa nuestro firme compromiso con la ciudad y sus ciudadanos".
Pola súa banda, o presidente do Teucro, Carlos García Alén, agradeceu o apoio deste novo patrocinador e desexou que esta colaboración "perdure en el tiempo", porque afirmou que o club pontevedrés é un equipo histórico "al que merece la pena apoyar".
Relacionadas:
-
Bidasoa apea o Teucro da Copa do Rei cun gol a falta de cinco segundos (30-29)
Por Redacción |
-
Puro espectáculo e sensacional vitoria sobre a bucina do Teucro (28-27) sobre Ademar León
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Fraikin Granollers acredita o seu excelente momento e non dá opción ao Teucro (35-25)
Por Redacción |