Fraikin Granollers acredita o seu excelente momento e non dá opción ao Teucro (35-25)
Por Redacción
Fraikin BM Granollers confirmou o seu potencial e excelente momento de xogo, logrando unha cómoda vitoria ante un Teucro ao que non deu opción en ningún momento.
A primeira parte tivo un ritmo moi elevado, con constantes contraataques e moi poucos ataques posicionais por parte dos dous conxuntos.
Os vallesanos empezaron moi fortes e deron a sensación de poder deixar o partido sentenciado xa na primeira metade.
Pouco antes de chegar ao ecuador do primeiro tempo, Quique Domínguez viuse obrigado a solicitar o primeiro tempo morto do partido, despois que os cataláns se escapasen 6 goles arriba (10-4, minuto 12), e non aproveitasen a superioridade numérica coa exclusión de Adriá Pérez.
Ese tempo morto deu resultado, e o Teucro achegouse no marcador, despois de conseguir un parcial de 0-3, momento en que o técnico catalán fixo o mesmo que o seu colega de banquiño, pedindo tempo morto con 10-7 no marcador (minuto 17).
O Granollers conseguiu que Teucro non se achegase a máis de tres goles e mesmo aumentaron un pouco máis a diferenza ao chegar ao descanso (17-13).
O segundo tempo empezou ao revés que a primeira metade. O conxunto galego endosou un parcial de 0-2, nos primeiros dous minutos da continuación, que poñía certas dúbidas entre a afección vallesana.
Pero os locais aproveitaronse das exclusións que recibiron os teucristas para volver tomar distancia e marcharse xa de forma definitiva.
Adriá Figueras con oito goles foi o máximo goleador do encontro, mentres Carlos García foi o máximo anotador teucrista con sete tantos.
FRAIKIN BM GRANOLLERS (35): De Almeida, Guardia (p.s.); Teixeira, Porras (3), Blanxart, M. García (2), Ferrer (3), A. Garcia (2, 1 de penalti), Pérez (2), Figueras (8), Solé (3), Cañellas, Resina (3, 1 de penalti), Puig, Valadao (2) e De Toledo (7).
SD TEUCRO (25): Ricardo Amérigo, Andrés Delgado (p.s.); Arkaitz Piriz (3), Erik Balenciaga (3), Garcia Pichel (4), David Chapela, Víctor Rodríguez (1), Iván Fernández (1), Gonzalo Carró, Carlos Garcia (7, 4 de penalti), Román Pedreira (1), José Manuel Rial (1), Dani Hernández (1) e Samu Gómez (3).
Árbitros: Manuel Casado Fernández e Manuel Vera Ávila (Andalucía). Excluíron dous minutos a Pérez, De Toledo, M. Garcia e Valadao, do Granollers e José Manuel Rial (2), Víctor Rodríguez, Gonzalo Carró (2) e Arkaitz Piriz (3, descualificado no minuto 56), do Teucro.
Marcador (cada cinco minutos): 4-1, 8-4, 10-6, 13-9, 15-11, 17-13 (descanso), 20-17, 22-18, 25-20, 28-22, 33-22 e 35-25 (final).
Incidencias: Palau d'Esports (Granollers) Uns 1.000 espectadores.
Relacionadas:
-
Bidasoa apea o Teucro da Copa do Rei cun gol a falta de cinco segundos (30-29)
Por Redacción |
-
Puro espectáculo e sensacional vitoria sobre a bucina do Teucro (28-27) sobre Ademar León
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Chamamento do Teucro a súa afección para o "complicado" partido contra o Ademar León
Por Alejandro Espiño |
-
Granollers, reto de altura para un Teucro que non renuncia a nada
Por Diego Espiño |
-
Condenados a pagar máis polas viaxes ante a pouca previsión de Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro roza a vitoria en Benidorm (33-33) e termina conseguindo un excelente punto
Por Redacción |