Granollers, reto de altura para un Teucro que non renuncia a nada
Por Diego Espiño
É "uno de los mejores equipos de la Liga", recoñece Quique Domínguez, pero o Teucro non renuncia a nada na súa visita a Granollers.
Decano e vicedecano do balonmán nacional vólvense atopar este sábado (20:30 horas, Movistar +) na máxima categoría nun duelo difícil para os azuis "pero no imposible", defende o técnico pontevedrés.
"Tienen un muy buen equipo pero el Teucro está en condiciones de competir allí, plantarles cara y hacer un buen partido", explicou Domínguez na roda de prensa previa ao choque, na que tamén sinalou a defensa á parella de pivotes do Granollers (Figueras e Porras) como unha das claves do choque.
Os azuis viaxan en avión o mesmo día do partido e fano coa única dúbida de Edu Moledo, que regresou de Benidorm con problemas físicos e non se atopa nas mellores condicións.
O resto do plantel está en condicións de xogar e confésase motivado porque "el equipo está yendo para arriba", sinalou Erik Balenciaga, para quen partidos como este, no seu ano de debut en Asobal, son "un aliciente".
Os encargados de arbitrar o partido serán os colexiados andaluces Casado Fernández e Vera Ávila.
BARES PARA SEGUIR O PARTIDO EN DIRECTO
O Teucro xestionou con varios locais de hostalería a posibilidade de ofrecer en directo o encontro por televisión. Aínda que se atoparon certas dificultades por coincidir co Barcelona de fútbol, tres bares confirmaron que ofrecerán o choque.
Son o Museo da Historia, que ademais é socio protector da entidade, o Pecado e a Cafetería Arrondo.
Relacionadas:
-
Fraikin Granollers acredita o seu excelente momento e non dá opción ao Teucro (35-25)
Por Redacción |
-
Condenados a pagar máis polas viaxes ante a pouca previsión de Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro roza a vitoria en Benidorm (33-33) e termina conseguindo un excelente punto
Por Redacción |
-
O Teucro, un club comprometido coa integración
Por Diego Espiño |