O Teucro, un club comprometido coa integración
Por Diego Espiño
Leva dous anos colaborando coa Asociación Down-Xuntos Pontevedra e nesta ocasión deu un paso máis.
A Sociedad Deportiva Teucro confírmase como un club comprometido coa integración de persoas con discapacidade.
Se primeiro solicitaron colaboración para cubrir postos de delegados nos partidos das categorías inferiores ou para o manexo da mopa nos encontros do primeiro equipo no Municipal, agora o club azul ampliou o seu acordo coa asociación para dar cobertura a un dos seus usuarios.
Trátase de Miguel Pérez, que durante toda esta tempada realizará as súas prácticas laborais como masaxista co equipo de Liga Asobal, "con la posibilidad de renovar", explica o presidente teucrista, Carlos García-Alén.
Miguel integrouse no día a día do equipo dende a pretempada "ayudando a Javier (fisioterapeuta do club) y con muy buena sintonía con todos los jugadores", recoñece o técnico, Quique Domínguez.
Este xoves o Teucro e Miguel Pérez formalizaron a súa vinculación, acto tralo que o novo masaxista da entidade quixo "daros las gracias por darme la oportunidad".
Relacionadas:
-
A versión máis comprometida da Sociedad Deportiva Teucro
Por Redacción |
-
Granollers, reto de altura para un Teucro que non renuncia a nada
Por Diego Espiño |
-
Condenados a pagar máis polas viaxes ante a pouca previsión de Asobal
Por Diego Espiño |
-
Benidorm espera a un Teucro convencido de lograr o seu primeiro triunfo a domicilio
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, ante o difícil reto de sumar puntos como visitante na Asobal
Por Redacción |