O Teucro, ante o difícil reto de sumar puntos como visitante na Asobal
Por Redacción
Tralo bo sabor de boca que deixou a remontada ante o Puerto Sagunto e, sobre todo, o gran inicio liguero como local, o Teucro prepárase para afrontar dous partidos consecutivos lonxe de Pontevedra.
Os azuis visitarán o vindeiro sábado (18:30 horas) ao BM Benidorm, un rival pola permanencia, para xogar unha semana despois en casa do Granolllers.
O conxunto teucrista converteu o Municipal nun fortín, con tres vitorias noutros tantos encontros, pero fraquea polo momento a domicilio, onde encaixou dúas derrotas (Santander e Puente Genil). Con todo a tónica é xeral en toda a categoría, onde sumar como visitante estase mostrando cun factor diferencial.
Nas cinco primeiras xornadas da Liga Asobal só se rexistraron dez triunfos visitantes, correspondendo catro deles aos equipos de Champions, Barcelona e La Rioja.
Ademais deses dez partidos, tres deles xogáronse na cancha do BM Aragón, pechacancelas da competición con 0 puntos. A dificultade de sumar como visitante evidénciase en que nunha xornada, a primeira, non se rexistrou ningún triunfo a domicilio, mentres noutras dúas xornadas, a 3 e a 5, só se produciu unha vitoria fóra da casa.
Así pois o reto é dobre para os azuis, conscientes de que se conseguen sumar nestas dúas semanas afrontarán con maior comodidade o 'Tourmalet' da liga, unha fase na que xogarán contra os equipos da parte alta da táboa.
Relacionadas:
-
O Teucro roza a vitoria en Benidorm (33-33) e termina conseguindo un excelente punto
Por Redacción |
-
O Teucro, un club comprometido coa integración
Por Diego Espiño |
-
Benidorm espera a un Teucro convencido de lograr o seu primeiro triunfo a domicilio
Por Diego Espiño |
-
Máis "guerreiros azuis" que nunca para derrotar (31-29) a un bo Puerto Sagunto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |