Con todo o plantel para buscar o primeiro triunfo lonxe do Municipal
Por Diego Espiño
O Teucro afronta un das viaxes máis longas da tempada "con confianza y animados" tras o seu bo inicio de liga.
Os azuis buscan en Puente Genil (sábado 18:30 horas) a súa primeira vitoria lonxe do Municipal ante un equipo, o Ángel Ximénez, considerado como rival directo pero que "el año pasado ya tenía una buena plantilla y este año mejor", declarou Quique Domínguez antes de emprender a viaxe a terras cordobesas.
O plan de viaxe inclúe saída en autobús a medianoite deste xoves para chegar sobre as 12:30 horas do venres a Puente Genil e realizar pola tarde unha lixeira sesión de adestramento.
A noticia positiva para o preparador pontevedrés é que poderá contar co plantel ao completo. Todo o equipo viaxa, incluído un Samu Gómez que, aínda que non está ao 100%, podería contar os seus primeiros minutos da tempada unha vez superada a súa lesión de xeonllo.
O Teucro fíxase no precedente da pasada tempada, en Copa do Rei, cando os andaluces apearon da competición aos azuis, pero Domínguez avisa: "Este año estamos en la misma categoría y los trataremos de tú a tú".
Da mesma opinión é David Chapela, que prevé "un partido apretado" na localidade cordobesa, porque o choque de Copa "como referencia sirve sólo para no confiarnos", sinalou.
Os árbitros designados para o encontro son Fernández Pérez e García Rodríguez, da territorial andaluza.