O Teucro afronta a visita do Ciudad Encantada "con ganas de desquitarnos de la última derrota"
Por Diego Espiño
Xa sen os nervios do debut en Asobal, a Sociedad Deportiva Teucro afronta este sábado (20:00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes o seu segundo partido en casa da tempada.
Visita Pontevedra o Ciudad Encantada de Cuenca, un equipo que "yo no metería en el grupo de los de abajo", comentou Dani Hernández na roda de prensa previa ao encontro.
O xogador teucrista cre que pese aos complicado do choque "sabemos que si hacemos nuestro juego, si defendemos y corremos las cosas irán saliendo", sinalou.
Tamén o técnico, Quique Domínguez, ve no seu próximo rival a "un buen equipo", no que destaca o seu bo xogo "a partir siempre de un 6-0 en defensa" que segundo o adestrador azul é xa parte da identidade do Ciudad Encantada.
O Teucro é consciente da tranquilidade que daría lograr a súa segunda vitoria na casa, e con esa motivación afrontan o partido, con esa e "con ganas de desquitarnos de la última derrota".
Nos pontevedreses segue a ser dúbida Samu Gómez, aínda con molestias no xeonllo, mentres os conquenses recuperan ao lateral serbio Vladimir.
Os colexiados do encontro serán os andaluces Fernández Molina e Murillo Castro.