Óscar Graña e Ramón Ferro, medalla de prata no Campionato do Mundo de Piragüismo Maratón de Gyor
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Novo éxito internacional, e van uns cantos, para Óscar Graña e Ramón Ferro, que en Hungría volveron a subir ao podio dun Campionato do Mundo de Piragüismo Maratón, o disputado na localidade húngara de Gyor.
Graña e Ferro gañaron a medalla de prata no C-2 logo de 26 quilómetros e 6 porteos nos que só se viron superados polos locais Marton Kover e Adam Docze (1:53:48).
Os palistas pontevedreses non puideron aguantar ese forte ritmo e xogaron a segunda praza nun bonito final ante o grovense Tono Campos e o seu compañeiro José Manuel Sánchez, superándoos por só dous segundos (1:58:08).
Curiosamente foi o mesmo podio que o de fai un ano en Oklahoma, aínda que naquela ocasión foron Campos e Sánchez os que concluíron segundos.
É o segundo metal do campionato de Tono Campos, tralo conseguido o sábado na categoría de C-1.
Tamén se subiu ao podio, neste caso no K-2, o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza, que foi terceiro xunto ao seu compañeiro, o asturiano Walter Bouzán.
Relacionadas:
-
Como "involucrar a toda a cidade" no Campionato de Europa de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Unha regata "de nivel nacional" probará o circuíto do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra solicita a organización do Campionato do Mundo 2020 de piragüismo maratón
Por Diego Espiño |
-
Tono Campos, subcampión do Mundo de piragüismo maratón en Hungría
Por Redacción |
-
Os piragüistas pontevedreses, a polo Mundial de Maratón en Hungría
Por Redacción |