Cisne e Teucro xa coñecen os seus rivais para a Copa do Rei
Por Redacción
Os equipos pontevedreses de Liga Asobal e División de Honra Prata, é dicir, Teucro e Cisne, xa coñecen os seus rivais na XLI edición da Copa do Rei.
O sorteo celebrouse este mércores en Zaragoza coincidindo coa disputa da Supercopa de España.
Na primeira eliminatoria participarán todos os equipos de Plata, entre eles o Club Cisne Balonmán, que recibirá na casa o Juanfersa Gijón, recén descendido dende a máxima categoría.
A eliminatoria xogarase a partido único a fin de semana do 3 e 4 de outubro e se gañan os de Edín Covelo enfrontaranse ao Ángel Ximénez, tamén en Pontevedra.
Pola súa banda, a Sociedad Deportiva Teucro tamén estivo pendente do sorteo, e é que aínda que está exento do primeiro cruzamento xa sabe o que se encontrará en segunda rolda, na que viaxará ao País Vasco para xogar ante o Amenabar Zarautz ou o Bidasoa de Irún.
A segunda eliminatoria xogarase o día 28 de outubro, tamén a partido único.
Relacionadas:
-
Juanfersa Gijón fai valer a súa condición de favorito e non dá opción ao Cisne (32-24)
Por Redacción |
-
Exhibición do Cisne na súa estrea en Prata cun contundente triunfo ante o Alcobendas (31-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
David Chapela conduce o Teucro á vitoria (29-26) sobre o Guadalajara no retorno a Asobal
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A Asobal volve seis anos despois a Pontevedra cun Teucro que avisa: "Venimos para quedarnos"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne sae á rúa na busca de apoios
Por Redacción |
-
Frigoríficos Morrazo leva a Copa Galicia derrotando (28-30) o Teucro
Por Redacción |