Frigoríficos Morrazo leva a Copa Galicia derrotando (28-30) o Teucro
Por Redacción
Non puido revalidar o Teucro o seu título de campión da Copa Galicia. Na gran final disputada na mañá deste domingo no Pavillón Municipal de Viveiro, os de Quique Domínguez opuxeron seria resistencia ao Balonmán Cangas Frigoríficos Morrazo, pero remataron cedendo por un axustado marcador de 28-30.
O partido estivo presidido pola igualdade ao longo dos 60 minutos. Os empates e vantaxes mínimas sucedéronse, chegando ao descanso con igualada a 14 goles, fiel reflexo do disputado da final.
Os homes de Pillo farían valer a súa experiencia nos últimos minutos para tomar unha curta dianteira e levarse o título, pero o Teucro deixou moi boas sensacións a unha semana do comezo ligueiro, fronte a un rival da zona alta da liga Asobal.
SD TEUCRO (28): Héctor Gil, Ricardo Amérigo; Luis Orge, Arkaitz Piriz (3), Erik Balenciaga (3), David Chapela (1), Iván Fernández (1), Gonzalo Carró (2), Andrés Delgado, Carlos García (8), Ramón Pereira, Sergio Doval, Anxo Sieiro (1), José Rial (1), Dani Hernández (6) e Edu Moledo (2).
BALONMÁN CANGAS (30): Edu Salazar, Yeray Lamariano, Moisés Simes (2), Serafín Pousada (2), Rubén Soliño (1), Suso Soliño (3), Alberto Casares (4), Fernando Eijo, Alejandro Pombo (1), Eloy Krok (3), Dani Cerqueira (3), Adrián Rosales, Alen Muratovic (4), David García (6), Daniel Gómez e Pablo Castro (1).
ATLÉTICO NOVÁS, TERCEIRO
A sorpresa saltou no partido polo terceiro e cuarto posto. O Atlético Novás impúxose ao Academia Octavio por un claro 27-33, adxudicándose os do Rosal a terceira posición.
Relacionadas:
-
David Chapela conduce o Teucro á vitoria (29-26) sobre o Guadalajara no retorno a Asobal
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A Asobal volve seis anos despois a Pontevedra cun Teucro que avisa: "Venimos para quedarnos"
Por Diego Espiño |
-
Cisne e Teucro xa coñecen os seus rivais para a Copa do Rei
Por Redacción |
-
Teucro e Frigoríficos do Morrazo á final da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Teucro defenderá o seu título de campión da Copa Galicia na final a catro de Viveiro
Por Redacción |
-
Samuel Gómez e o Teucro, unha negociación que durou "cinco minutos"
Por Diego Espiño |