Carolina Rodríguez e Sara Llana, experiencia internacional para as ximnastas do Club In Mare
Por Redacción
O sábado 26 e o domingo 27 de setembro as deportistas do Club In Mare de Marín poderán gozar dun grande evento no que mellorar o seu nivel e aprender das mellores, con dúas das mellores ximnastas do estado.
O club marinense organiza para eses días unha máster class coa presenza de Carolina Rodríguez e Sara Llana, no que poderán participar, previa inscrición, as ximnastas que o desexen.
Carolina é, aos seus 29 aos, a ximnasta máis veterana das que continúan en activo na elite internacional, e acumula presenzas en grandes citas, dende os Xogos Olímpicos a Copas do Mundo, onde logrou dúas medallas de bronce ao longo da súa carreira, ou os Xogos do Mediterráneo, que gañou en 2013.
Acompañará á leonesa a súa compañeira de club e unha das grandes esperanzas do equipo nacional, Sara Llana, que malia os seus 17 anos xa conta con varias participacións en campionatos do Mundo e Europa.
A cita desenvolverase no pavillón da Raña e as inscricións poden formalizarse a través da páxina web www.clubinmare.com ou no teléfono 699 263 347.