A Ruta do Descubrimento, novo desafío do Team Campos de Sanxenxo
Por Redacción
ÿ o mesmo barco, con sede no Real Club Náutico de Sanxenxo, que completou a Volta ao Mundo a Vela, o Volvo Open 70 que antes lucía baixo as cores de Telefónica. Agora, co nome de Mapfre o reto é moi diferente, bater o récord da Ruta do Descubrimento de Colón.
O Team Campos prepara este novo desafío cunha tripulación con gran presenza galega na que destaca o regatista pontevedrés Fernando Echávarri, "me apetece mucho este reto, somos gente que nos conocemos y sobre todo es algo muy español, muy vinculado a la historia del país. Además un barco de vuelta al mundo siempre apetece".
Serán aproximadamente 12 días nos que cruzarán o Atlántico desde Palos de la Frontera (Huelva) ata San Salvador (Bahamas), reproducindo o camiño emprendido por Cristóbal Colón en 1492.
Antes de iniciar o percorrido oficial a embarcación sairá da súa base, Sanxenxo, para visitar outros portos históricos. Empezará por Baiona, lugar ao que chegou en 1493 a Pinta e de aí poñerá rumbo a Lisboa, onde Colón desembarcó na Niña á súa volta de América. Dende a capital portuguesa o Mapfre dirixirase a Cádiz, onde esperará as condicións meteorolóxicas idóneas para comezar o reto.