O fútbol base, ao servizo da integración social nun novo club deportivo
Por Diego Espiño
Fomentar o fútbol entre os nenos "independientemente de la nacionalidad, religión o economía" dos seus pais. Con esa filosofía nace o Integración Deportiva Pontevedra Club de Fútbol (Indepo).
Trátase dun club de fútbol base dende o que potenciar a integración social e no que, por exemplo, os pais no paro ou en risco de exclusión non deben afrontar custos de inscrición. Ten o seu xerme en Fernando Moreno, un pontevedrés que viviu en primeira persoa o que supón inscribir os seus fillos en escolas deportivas cando perdeu o seu emprego.
"Yo veo niños en el parque que no pueden jugar. Aquí podrá entrar todo niño que quiera. Intentaremos que se integre y sea feliz", explicou o presidente do club na súa presentación en sociedade.
Baséanse en que "jugar en otro equipo supone para una familia 200 o 300 euros al año", asegura o vicepresidente Carlos Sáchez.
Dez persoas involucráronse xa no proxecto, entre directivos e adestradores titulados para os equipos que se poñerán en marcha (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e escola deportiva).
Os seus impulsores explican que o club estará aberto "a todos", tamén a familias con recursos aos que se lle pedirá unha doazón voluntaria para asumir os custos do club, entre eles as equipacións que se prestarán aos menores e as fichas federativas.
Fundamental é tamén o apoio de "cuatro empresas que ya tenemos" e que permitirá que os equipos poidan a empezar a adestrar en setembro.
Deron todos os pasos necesarios para a fundación do Indepo CF, como a súa inscrición na Federación Galega de Fútbol, e están á espera de de coñecer se dispoñen de campos de adestramento, tras solicitárllelo a Deputación e Instituto Municipal de Deportes.
Aínda se encontran na fase de captación de xogadores, polo que habilitaron para os interesados un correo electrónico, idpontevedra@gmail.com. Ademáis realizarán unha xornada de proba o próximo xoves 6 de agosto ás 17:00 horas no campo da Xunqueira II.